InicioVigo e contornaVigoO goberno de Vigo acusa a ecoloxistas de facer "política antivigo" por...

O goberno de Vigo acusa a ecoloxistas de facer “política antivigo” por criticar a “política arboricida” do Concello

O goberno local reivindicou que, desde 2007, plantou máis de 30.000 árbores. Ademais, asegurou que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aínda en tramitación, fará que Vigo gañe 1,8 millóns de metros cadrados de zonas verdes, ata 3,3 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Vigo acusou a veciños e ecoloxistas de facer “política antivigo” ao criticar a “violencia arboricida” levada a cabo, ao seu xuízo, polo Concello olívico.

Todo iso despois de que este xoves a asociación de veciños Zona Centro de Vigo, a asociación Amigas das Árbores, Ecoloxistas en Acción, Amigas da Terra e a Federación Veciñal de Vigo denunciasen a “violencia arboricida” do goberno municipal encabezado por Abel Caballero, ao que acusaron de destruír a masa vexetal da cidade, e de substituír as árbores de gran porte por “arbolillos ornamentais” e “arbustos”.

Tras estas declaracións, o Concello saíu ao paso asegurando que estes colectivos non defenden o medio ambiente, senón que fan “política pura e dura” e mantéñense na política “antivigo”.

O goberno local reivindicou que, desde 2007, plantou máis de 30.000 árbores. Ademais, asegurou que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aínda en tramitación, fará que Vigo gañe 1,8 millóns de metros cadrados de zonas verdes, ata 3,3 millóns.

“As actuacións levadas a cabo polo Concello a este respecto están avaladas por motivos de seguridade. De feito, a substitución de especies está xustificada dado que a permanencia de determinados exemplares suporía un risco para a seguridade cidadá”, indicou.

Por iso, lembrou accidentes nos que a caída dunha árbore supuxo o falecemento de persoas. “Se esta situación se dese en Vigo, quen respondería? Estes colectivos?”, insistiu o Concello, pondo en valor espazos onde si se crearon zonas verdes.

PXOM

Precisamente sobre a situación do POGM de Vigo falou este xoves o BNG, quen alertou que o plan está nun “limbo” desde hai 106 días. O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que o goberno municipal aínda non atendeu, tras máis dun mes e medio, o requirimento que lle trasladou a Xunta en relación á falta de integridade documental do expediente do propio PXOM e de diferentes reparos ao seu contido.

“Resulta moi difícil de entender esta situación de bloqueo que coloca o plan urbanístico da cidade nunha situación de total incerteza e inseguridade”, indicou Igrexas, criticando a tramitación “absolutamente opaca” deste documento por parte do goberno municipal.

ÚLTIMAS

Tenta tirar pola xanela á súa parella tras unha discusión nun piso da rúa Pazo

Axentes da Policía Local detiveron a un veciño da cidade, M.F.C., de 41 anos, como presunto...

Queres saber como é a nova torre de control dixital de Peinador?

Trece monitores de 55 polgadas cada un que recollen as imaxes captadas por máis...

O conselleiro de Sanidade sobre a próxima entrada en vigor do novo contrato de Povisa: “Ninguén vai obrigado”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, ratificou este mércores que para abril --o...

O pleno do Concello de Vigo reclama a consideración de ‘nodal’ para o porto da cidade

O pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves en sesión extraordinaria reclamar ao...