InicioCulturaA Universidade de Vigo, entre as 150 mellores do mundo en Enxeñaría...

A Universidade de Vigo, entre as 150 mellores do mundo en Enxeñaría do Petróleo

Acada os mellores resultados conseguidos pola institución desde que participa neste ranking.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) quedou situada entre as mellores do mundo en cinco ámbitos pola edición de 2024 do QS World University Rankings by Subjetc, que proporciona unha análise comparativa independente sobre máis de 16.400 programas universitarios cursados por estudantes de máis de 1.500 universidades situadas en 96 países do mundo.

En concreto, a UVigo destaca nesta clasificación no ámbito da Enxeñaría do Petróleo, que aparece por primeira vez entre os postos 101 e 150 das mellores universidades do mundo. No que se refire a Agricultura e ás Ciencias Forestais, a UVigo consegue un posto entre as 201 e 250 mellores do mundo, tamén entrando por primeiro ano nese grupo.As outras tres materias nas que o centro vigués se sitúa entre as mellores do mundo son a Enxeñaría Eléctrica e Electrónica, no rango entre 401 e 450, e as Ciencias Biolóxicas e Química, ambas as na franxa do 501 e 550, cando en 2023 estaban entre as 551-600.

Por todo iso, o equipo de goberno da UVigo mostrou a súa “satisfacción” ante esta mellora na clasiificación. Así, a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, indicou que a UVigo pasou de 2 a 5 materias que aparecen nesta lista.

En resumo, a UVigo clasifícase por primeira vez entre as mellores en dúas materias, sobe na táboa noutras dúas e baixa nunha, sendo os mellores resultados conseguidos pola institución desde que participa neste ranking, segundo recolle o Diario da Universidade (DUVI).

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...