InicioMovementos SociaisPor que o bloqueo de Telegram é unha medida inútil, desproporcionada e...

Por que o bloqueo de Telegram é unha medida inútil, desproporcionada e perigosa?

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz ordenou suspender de forma cautelar a aplicación de mensaxería instantánea Telegram en España por mor dunha denuncia presentada por Mediaset, Atresmedia e Movistar Plus por un presunto uso non autorizado de contido audiovisual sometido a dereitos de autor.

Segundo informou Cuatro e confirmaron fontes xurídicas a Europa Press, o titular do Xulgado Central de Instrución Número 5 adoptou esta decisión no marco dunha petición de medida cautelar que reclamaron as compañías audiovisuaispara que se paralizase a actividade da aplicación de mensaxería mentres leva a cabo a investigación.

O maxistrado instrutor optou por ordenar o bloqueo tendo en conta que requiriu información á aplicación e non recibiu resposta algunha, segundo apuntaron as mesmas fontes consultadas.

De momento, Telegram permanece operativa, aínda que está previsto que nunhas horas prodúzase o bloqueo ordenado pola Audiencia Nacional.

Por que é unha medida desproprocionada?

O auto baséase no artigo 13 da Lei de axuizamento penal, que garante que as medidas cautelares, en caso de delitos cometidos en internet, contemplen “a retirada provisional de contidos ilícitos”, “a interrupción provisional dos servizos que ofrecen ditos contidos”. ” ou “o bloqueo provisional duns e outros cando viven no estranxeiro” .

Pero este artigo choca frontalmente contra varias sentenzas do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) por exemplo a máis sinalada foi o caso de Vladimir Kharitonov contra Rusia na que o tribunal dictaminaba que: “Cando circunstancias excepcionais xustifiquen o bloqueo de contido ilegal, un organismo estatal que emita a orde de bloqueo deberá asegurarse de que a medida se dirixa estritamente ao contido ilegal e non teña efectos arbitrarios ou excesivos independentemente da forma en que se implemente”.

Telegram é un sistema que non só alberga contido pirata, que o hai, se non que tamén existe contido de organizacións terroristas, de organizacións neonazis, violencia sexual, desinformación e bulos, conspiracionismo, … contra o que de momento a Audiencia Nacional (competente nalgúns casos) non adoptou unha medida cautelar similar.

Por que é unha medida inútil?

Básicamente porque é como porlle cancelas ao campo, dado que existen vías alternativas legais para acceder ao servizo de Telegram sen condicionar nin sequera o resto de conexións do dispositivo. Ao contratirio que Whatsapp, Telegram permite a configuración de Proxys propios para as conexións de Telegram, sen afectar ao resto de conexións do dispositivos.

E son precisamente os usuarios que consumen IPTv os que mellor se manexan nestas lides, por iso que a medida só vai a impactar directamente nos usuarios que fan un uso “lícito” da rede.

Por qué é perigoso?

O bloque adoptado pola Audicencia Nacional vai propiciar que os usuarios fagan uso de VPN (redes privadas virtuais) e Proxys (portas de enlace remotas) gratuítas. E aí é onde reside o perigo dado que moita xente usará estes servizos a golpe de clic sen investigar (por omisión ou descoñecemento) quen e como se xestionan. O que pode abrir unha vía de seguridade enorme nos dispositivos que poden filtrar todas as nosas conexións e comunicacións, con todo o risco que isto implica. Polo que unha medida para protexer a uns poucos (Mediaset, Atresmedia y Movistar Plus) poder por en risco a seguridade de moitos cunha medida claramente inutil, arriscada e con tintes de ser declarada ilegal polo TDHU por non actuar sobre autores do delito.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...