InicioEconomíaCaballero insiste en que Stellantis Vigo terá axudas, a pesar de que...

Caballero insiste en que Stellantis Vigo terá axudas, a pesar de que non se inclúen na liña B do Perte VEC II

O alcalde da cidade reivindicou que Stellantis Vigo terá "todo aquilo que se lle dixo que ía ter" e que o Executivo galego "non sabe do que fala".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este venres en que a planta olívica do grupo automobilístico Stellantis si terá axudas do Goberno central, a pesar de que o Ministerio de Industria e Turismo non incluíu á fábrica nas novas resolucións provisionais da liña B da segunda convocatoria do Perte do Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC), vinculados á cadea de valor industrial do vehículo eléctrico.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, Caballero saíu ao paso tras as críticas vertidas pola conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, quen lamentou a “discriminación” do Executivo a Vigo e as “falsas promesas” do PSOE e do rexedor olívico, que foron, segundo ela, “promesas electorais”.

Agora, Abel Caballero dixo que a Xunta “se equivoca”, reivindicado que Stellantis Vigo terá “todo aquilo que se lle dixo que ía ter”, aínda que sen dar datas concretas de cando se coñecerán as subvencións que, segundo dixo, se lle outorgarán.

“O Goberno de España asignará fondos europeos a Stellantis Vigo e asignará os fondos que necesita”, engadiu, indicando que o Executivo galego “non sabe do que fala”.

Todo iso despois de coñecerse as resolucións provisionais do Perte VEC II, onde se inclúen máis de 54 millóns de euros para Stellantis Figueruelas, pero ningunha axuda para Vigo. Respecto diso, a compañía valorou estas subvencións para a súa planta de Zaragoza e indicou que está á espera do próximo lote para coñecer a resolución provisional para Vigo.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...