InicioSociedadeVigo acolle unhas xornadas sobre políticas públicas de igualdade

Vigo acolle unhas xornadas sobre políticas públicas de igualdade

Contarán, entre outras, coa exministra e presidenta de Rede Eléctrica de España, Beatriz Corredor; ou coa exconselleira Teresa Táboas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sala de conferencias de Afundación en Vigo acollerá este mércores e este xoves as xornadas ‘As políticas de públicas de Igualdade’, organizadas polo Concello olívico, e que contarán, entre outras, coa exministra e presidenta de Rede Eléctrica de España, Beatriz Corredor; ou coa exconselleira Teresa Táboas.

As xornadas serán inauguradas polo alcalde, Abel Caballero, e, no seu primeiro día, intervirán a concelleira de Igualdade e Patrimonio Histórico, Carmela Silva, e Beatriz Corredor, para falar dos ‘Desafíos inmediatos da axenda global das mulleres’. A continuación, será a quenda da xornalista e empresaria, Charo Izquierdo; a exconselleira e vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura, Teresa Táboas; e da directora da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, Inma Aguilar; nun panel que será moderado por Laura Seara.

Xa o xoves, a xornada comezará cunha conferencia a cargo de Ana Peláez, a única española integrante do Comité da ONU para a eliminación da discriminación contra a muller. A continuación, abordarase a ‘Globalización e igualdade en escenarios complexos’, nun panel moderado pola concelleira Ana Laura Iglesias, con intervención da cantante e compositora Marilia; a profesora de Filosofía, Tasia Aránguez; a directora creativa de Animosa, Rebeca Tenoira; e a alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo.

A concehjal e tendo de Alcalde, Carmela Silva, ha destacado que as xornadas tratarán “sobre todas as cuestións que é necesario implementar da axenda feminista, da man de mulleres con gran representatividade e coñecemento sobre políticas de igualdade para continuar avanzando”. As persoas interesadas poden inscribirse en xornadas.igualdade@vigo.org.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...