InicioSociedadeInvestigadores da UVigo propoñen novas estratexias para a xestión sustentable de residuos...

Investigadores da UVigo propoñen novas estratexias para a xestión sustentable de residuos vitivinícolas

A elaboración do viño xera grandes cantidades de residuos, queimándose xeralmente un 40% do total, co que isto implica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Grupos de investigación da Facultade de Ciencias e da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense da Universidade de Vigo (UVigo) desenvolveron un proxecto multidisciplinar no que, desde os seus respectivos ámbitos de coñecemento, propuxeron estratexias para a xestión sustentable de residuos vitivinícolas.

Segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), a iniciativa estivo financiada pola convocatoria de axudas Inou, realizada pola UVigo co apoio da Deputación de Ourense.

Da Facultade de Ciencias participaron os grupos de investigación Planta, Chan e Aproveitamento de Subproductos e Enxeñaría Química, co investigador Pedro Miguel Ferreira Santos ao frent, e da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo membros do Departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia, con Francisco Javier Sánchez Sellero á cabeza.

“No escenario actual de recursos limitados, millóns de toneladas de residuos e subproductos alimentarios son descartados a nivel mundial pola industria agroalimentaria”, lamentaron os responsables desta iniciativa, indicando que isto supón un “problema ambiental”, ademais de danos económicos e materiais. En concreto, no sector vitivinícola, a elaboración do viño xera grandes cantidades de residuos, queimándose xeralmente un 40% do total, co que isto implica.

Por todo iso, o estudo propón alternativas sustentables para o aproveitamento e a valorización destes desperdicios. As alternativas propostas implican o uso de tecnoloxías innovadoras para separar de forma eficiente os compostos, como a celulosa e outros elementos.

No proxecto tamén se realizou unha avaliación do impacto socioeconómico da revalorización destes desperdicios na provincia de Ourense, propondo a creación dun centro de tratamento para a separación dos mesmos que, ao seu xuízo, xeraría valor para as empresas vitivinícolas e facilitaría o acceso á biomasa como combustible, evitando queimas individualizadas e a contaminación que xeran.

ÚLTIMAS

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...