InicioMedio Ambiente e PatrimonioAsí son os efectos do furacán Michael en Vigo

Así son os efectos do furacán Michael en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -
Primeiro foi Leslie e agora Michael. Galicia e o norte de Portugal comezaron o outono de xeito brusco coa chegada de dous ciclóns debilitados. O máis potente deles, Leslie, que chegou a fin de semana e pasará á historia da ciencia meteorolóxica xa que stivo varias semanas deambulando polo Atlántico sen un rumbo fixo, gañando e perdendo intensidade.
De feito, os modelos metereolóxicos non eran quen seguir o seu errático comportamento. Se a previsión inclinábase por unha ruta o furacán tomaba outra.  Galicia notou a súa influencia con fortes ventos, choivas torrenciais e grandes ondas. Os efectos de Leslie sumaríanse aos da borrasca explosiva Callum.
Na costa de Lugo os refachos alcanzaron os 141 quilómetros por hora. Tamén as precipitacións deixaron rexistros destacados no oeste da comunidade. En Santa Comba acumuláronse 75 litros por metro cadrado. Tras a mar ha de Leslie chega outra borrasca. Son os restos doutro ciclón, Michael, moito máis debilitado que a primeira. E estas son as imaxes en directo.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...