InicioSucesosFerido grave un motorista tras impactar contra unha furgoneta en Vigo

Ferido grave un motorista tras impactar contra unha furgoneta en Vigo

Tamén na cidade se produciu unha saída de vía dun turismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista resultou ferido grave en Vigo tras producirse un accidente no que tamén se viu involucrada unha furgoneta. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 19.20 horas na intersección da Avenida de Castrelos con Ramiro Pascual, na parroquia de Matamá. Alí, unha moto impactaría contra unha furgoneta, resultando ferido grave o condutor do vehículo de dúas rodas, que foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Minutos despois, sobre as 20.50 horas, tamén en Vigo produciuse unha saída de vía dun turismo, quedando envorcado con dous ocupantes atrapados no seu interior, que foron liberados e trasladados a un centro hospitalario. Ademais, unha muller de 74 anos de idade resultou gravemente ferida na cidade olívica ese mesmo venres despois de ser atropelada no garaxe comunitario dun edificio situado na rúa Montecelo Alto.

Foi un condutor octoxenario o que, por un descoido co seu coche automático, atropelou á anciá, sendo trasladada a un centro hospitalario, con prognóstico grave.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...