InicioPolíticaAbel Caballero nega sobrecusto no ascensor Halo, que no seu primeiro fin...

Abel Caballero nega sobrecusto no ascensor Halo, que no seu primeiro fin de semana chegou a 25.000 persoas

O alcalde de Vigo confirmou tamén que, ao longo do presente mandato, completarase a vertebración da zona coa posta en marcha das ramplas mecánicas do Escultor Gregorio Fernández e coa instalación de ramplas desde García Barbón ao ascensor. Ademais, insistiu en que haberá tamén unha conexión mecánica entre Praza de América e Praza de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, realizou este martes unha visita ao ascensor Halo, en funcionamento desde o pasado venres, e negou o sobrecusto neste proxecto, a pesar de que se anunciou por 7,2 millóns de euros e acabou custando 15,8 millóns. O rexedor asegurou que, no seu primeiro fin de semana en servizo, o Halo e o seu miradoiro acolleron a 25.000 persoas e explicou que haberá un acto de inauguración, aínda que sen concretar data, porque “hai que facerlle a honra que merece”. “É excepcional, non coñezo outro ascensor público en Europa destas características”, proclamou, e confirmou que, neses primeiros días de servizo, o elevador funcionou “marabillosamente ben”, sen incidentes nin avarías.

Caballero confirmou tamén que, ao longo do presente mandato, completarase a vertebración da zona coa posta en marcha das ramplas mecánicas do Escultor Gregorio Fernández e coa instalación de ramplas desde García Barbón ao ascensor. Ademais, insistiu en que haberá tamén unha conexión mecánica entre Praza de América e Praza de España.

Cuestionado polo sobrecusto do Halo, o alcalde limitouse a sentenciar que “non houbo ningún sobrecusto”, a pesar de que o custo total da instalación achegouse aos 16 millóns de euros. Así, en xuño de 2021, unha vez elixido o estudo de arquitectura e o deseño do elevador, o propio Abel Caballero referíase ao proxecto como “unha das grandes obras” na historia da cidade, cun orzamento estimado de 7,2 millóns de euros.

Esa estimación quedou curta e a obra foi licitada en abril de 2022 por 12,6 millóns, coa achega de 6 millóns de euros por parte do Goberno, procedentes de Fondos Europeos. Nese momento, o goberno xustificou o incremento polo propio deseño do proxecto e polo prezo das materias primas. A mediados de 2023 aprobouse unha modificación do proxecto para incluír unha serie de melloras, e o orzamento elevouse ata os 15,8 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...