InicioSociedadePiden seis anos de cárcere a dous empresarios polos ruídos dunha cementeira...

Piden seis anos de cárcere a dous empresarios polos ruídos dunha cementeira de Redondela

Segundo recolle o escrito de Fiscalía, os feitos a xulgar producíronse desde o 2005 e, polo menos, ata o 2011 cando a fábrica, sita no Vilar de Infesta, realizou emisións de ruído excesivo que causaron graves prexuízos e molestias, derivadas dos ruídos e vibracións, a catro persoas que residían nunha vivenda contigua á fábrica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous empresarios enfróntanse a seis anos de cárcere polos ruídos dunha cementeira de Redondela, concretamente na parroquia pontevedresa de Vilar de Infesta, que causou “graves prexuízos e molestias” aos seus veciños. Audiencia de Pontevedra, na súa sede en Vigo, acolle o vindeiro mércores o xuízo contra estas persoas acudas dun delito contra o medio ambiente polas emisións de ruído excesivo derivadas da actividade da súa empresa e de catro delitos de lesións.

Concretamente, segundo recolle o escrito de Fiscalía, os feitos a xulgar producíronse desde o 2005 e, polo menos, ata o 2011 cando a fábrica, sita no Vilar de Infesta, realizou emisións de ruído excesivo que causaron graves prexuízos e molestias, derivadas dos ruídos e vibracións, a catro persoas que residían nunha vivenda contigua á fábrica.

A mercantil, da que un dos acusados era administrador e a outra era apoderada, iniciou a súa actividade carecendo de licenza, a cal lle concederon en 1998 e anuláronlle en 2008. Con todo, tras varias medicións das emisións causadas do traballo da mercantil e senllas ordes de paralización, a empresa continuou desenvolvendo a súa actividade e incumprindo ditas disposicións.

O Ministerio Público sinala que, como consecuencia da prolongada exposición aos ruídos e vibracións procedentes das empresas, os prexudicados padeceron graves perturbacións do repouso e descanso, tensión, malestar, ansiedade e diminución do rendemento laboral e intelectual, que desembocaron en diferentes lesións. Desta forma, para os acusados piden tres anos de prisión por un delito contra o medio ambiente para cada un dos delitos de lesións, catro en total, as penas de nove meses de prisión, así como varias indemnizacións.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...