InicioSociedadeMultado con 3.150 euros un home por tocar o peito e o...

Multado con 3.150 euros un home por tocar o peito e o cú da propietaria dun bar de Vigo

O home xa fora condenado previamente por abuso sexual.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home aceptou unha multa de 3.150 euros por tocar o peito e as nádegas da propietaria dun bar, ademais de facerlle proposicións de carácter sexual dicíndolle frases como: “Vouche foder”, “ti vas ser miña” ou “mañá vou vir con 200 euros e quero ver o que vas facer ti“.

Na vista de conformidade levada a cabo este luns no Penal número 3 de Vigo, o home aceptou a multa, ademais da prohibición de achegarse á vítima e ao local onde ocorreron os feitos durante 5 anos.

Tamén estará en liberdade vixiada durante un ano e terá que someterse a un tratamento para superar a súa adicción ao alcol. Así mesmo, impúxoselle inhabilitación para a realización de actividades, retribuídas ou non, que supoñan contacto continuado con menores. Todo iso tras ser condenado por un delito continuado de abusos sexuais, co agravante de reincidencia e coa atenuante de embriaguez.

Os feitos xulgados ocorreron a partir de setembro de 2021, cando o home comezou a facer proposicións de carácter sexual á vítima. En xullo de 2022, cando a camareira se dirixía cunha bandexa na man para servir a uns clientes, “sen mediar palabra e con ánimo libidinoso, agarroulle dun peito para acto seguido saír correndo do local”.

Noutras ocasións, agarroulle das nádegas e outro día deulle unha palmada e tocoulle o peito á vez que dicía: “Que boas estás! Cada día estás máis cachonda”, conseguindo ela paralo algunhas veces. Por todo iso, Fiscalía solicitaba tres anos de cárcere. No entanto, e a pesar de que o home fora condenado en firme en 2021 por abusos sexuais, finalmente as partes chegaron a un acordo, evitando a súa entrada en prisión.

ÚLTIMAS

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...

As familias de Vila Laura volven protestar en Vigo: “Estamos a pedir persoas para atender a persoas”

As familias da Escola de Educación Infantil Vila Laura de Vigo volveron concentrarse este...

Vigo elixirá entre 19 propostas a estatua de Iago Aspas, que custará 280.000 euros

O xurado do concurso de ideas para o deseño e realización dunha estatua do...

O Peugeot 2008 ‘made in Vigo’ sitúase entre os modelos máis vendidos en España no que vai de ano

O Peugeot 2008, fabricado na planta viguesa de Stellantis, situouse na lista dos 10...