InicioSociedadeDenuncian deficiencias nunha residencia pública de Vigo mentres Rueda di que Inspección...

Denuncian deficiencias nunha residencia pública de Vigo mentres Rueda di que Inspección xa está actuando

Moitos dos timbres de aviso das habitacións non funcionan, "pode ocorrer algo e que o persoal estea a facer a rolda noutra á do edificio, e non se decate".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal da residencia pública de maiores de Bembrive, en Vigo, cuxa xestión realiza unha empresa privada, denunciou defiencias no centro, falta de persoal e problemas de organización, que impiden ao persoal dar a atención adecuada aos 150 usuarios.

As traballadoras da residencia sinalaron que o principal problema que teñen é a falta de organización por parte da empresa encargada da xestión, o que repercute na asistencia que se dá aos maiores. Como exemplo, explicaron que os usuarios pasan “horas” en corredores antes de acceder ao comedor ou a outras estancias, ou que teñen que esperar a ser atendidos para que se lles poña a roupa adecuada.

Tamén lamentaron a falta de persoal, un problema que se agrava polas noites, cando quedan na residencia unha enfermeira ou enfermeiro e tres xerocultores para atender a todos os usuarios. Tendo en conta que moitos dos timbres de aviso das habitacións non funcionan, “pode ocorrer algo e que o persoal estea a facer a rolda noutra á do edificio, e non se decate”.

A esta situación engádese que “as racións de comida son cada vez máis escasas” e que se eliminaron dietas específicas, por exemplo, a dieta para persoas con problemas de masticación, explicou Iria Estévez, de CC.OO., quen asegurou que a Consellería de Política Social é “coñecedora da situación”.

INSPECCIÓN “ACTUANDO”

Cuestionado acerca destas denuncias na rolda de prensa posterior ao Consello, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñeceu que desconce a situación concreta desa residencia, pero expresou o seu convencemento de que os servizos de Inspección de Política Social “están a actuar”.

En todo caso, matizou unha denuncia concreta non debe “embazar” o bo nivel e atención que se ofrece nas residencias de maiores de Galicia.

ÚLTIMAS

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...