InicioCulturaAbel Caballero garante a renovación de Fernández Cid en marzo

Abel Caballero garante a renovación de Fernández Cid en marzo

O rexedor adiantou que na reunión desta tarde do padroado tomarán posesión novos membros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente do padroado da Fundación Museo Marco, Abel Caballero, puxo en valor o traballo de Miguel Fernández Cid á fronte da sala expositiva, reivindicándoo como “o mellor director da historia”, polo que garantiu a súa renovación en marzo.

Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor olívico adiantou que na reunión desta tarde do padroado tomarán posesión novos membros. Entre eles, a tenente de alcalde, Carmela Silva, será a nova vicepresidenta, para dar “continuidade” ao funcionamento do organismo.

Para Caballero, o Marco é a “crónica dun éxito anunciado”, grazas ao “traballo excepcional” de Fernández Cid, polo que garantiu a súa renovación, que tocará en marzo. “É un gran director. Sen dúbida, o mellor que tivo o Marco en toda a súa historia”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...