InicioSociedadeXulgan en Vigo a un fisioterapeuta por abusos sexuais a catro mulleres

Xulgan en Vigo a un fisioterapeuta por abusos sexuais a catro mulleres

Segundo o Ministerio Público, o procesado, "aproveitándose da oportunidade que lle ofrecía a súa actividade profesional" e "sen previamente informar ao paciente para consentir o tratamento a realizar", actuou con "a intención de satisfacer o seu ánimo libidinoso" con catro mulleres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará os días 15 e 16 o xuízo contra un fisioterapeuta acusado de abusar sexualmente de catro mulleres. O home, tamén osteópata, está acusado de abusar sexualmente de catro clientas entre o 2020 e 2021 e a Fiscalía solicita para el 13 anos e medio de prisión.

Segundo o Ministerio Público, o procesado, “aproveitándose da oportunidade que lle ofrecía a súa actividade profesional” e “sen previamente informar ao paciente para consentir o tratamento a realizar”, actuou con “a intención de satisfacer o seu ánimo libidinoso” con catro mulleres.

En concreto, en agosto de 2020 una das vítimas acudiu á clínica por ter molestias nas costas. Ao atoparse en roupa interior, “por requirimento do procesado e sen ningunha finalidade terapéutica”, levantoulle a braga e tocoulle a íngua. Concluída a sesión, tamén lle acariñou os costados á altura das lumbares, o que lle provocou “unha grande incomodidade”.

Tamén en agosto, outra das vítimas acudiu por primeira vez á clínica para recibir tratamento e, mentres se atopaba en roupa interior por requirimento do procesado, este realizoulle tocamentos nos peitos “sen finalidade terapéutica” e “sen informar o procedemento” nin pedir consentimento.

Posteriormente, esta mesma clienta acudiu por segunda e última vez á clínica e alí o acusado volveulle a pedir que quedase en roupa interior e tombásese sobre a padiola, momento no que lle realizou tocamentos, “en polo menos dúas ocasións”. Como consecuencia destes feitos, a vítima sufriu unha lesión psíquica leve de ansiedade.

Feitos semellantes ocorreron con outra clienta que acudiu á clínica do procesado por padecer dores nos lumbares e nas pernas. A ela, segundo detalla Fiscalía, tamén lle acariñou “sen finalidade terapéutica os peitos baixo o suxeitador”, ademais de utilizar aceite sobre o corpo da vítima, momento no que “lle tocou a vaxina de maneira innecesaria” para retirar o aceite.

O cuarto dos casos ocorreu a finais do mes de agosto. A denunciante acudiu ao establecemento por padecer dores na cadeira e ombreiros debido ao uso de muletas tras sufrir un traumatismo no nocello. Ese mesmo día, “sen informarlle do tratamento que ía realizar, tocoulle o lateral do peito, así como a vaxina e a pube”.

Por segunda vez, o 31 de agosto, ao continuar padecendo dores na cadeira e ombreiros, acudiu á clínica. Neste caso, convidouna a subir á súa residencia, situada encima do consultorio, “aproveitándose da ocasión de ensinar á vítima exercicios de rehabilitación”. Xa en xaneiro de 2021, ela acudiu noutras dúas ocasións “ante a insistencia do acusado”, que lle ofreceu recibir sesións de fisioterapia de maneira gratuíta.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...