InicioPolíticaNovo desafío no Nadal vigués, poden as luces ser Patrimonio Inmaterial da...

Novo desafío no Nadal vigués, poden as luces ser Patrimonio Inmaterial da Humanidade?

Podería esta iniciativa unir a Alfonso Rueda e Abel Caballero?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pode Abel Caballero declarar as luces de Nadal de Vigo como un ben patrimono inmaterial da humanidade?. Por poder, pode, pero aínda non o fixo. O caso é que, con permiso do 1 de abril, que en Galicia é o día dos enganos ou día das petas, e “onde van os burros onde non deben ir”, aproveitando que este xoves é 28 de decembro, e, polo tanto, Día dos Santos Inocentes, este medio tivo o atrevemento de preguntarlle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, se recibira a chamada do alcalde de Vigo, para apoiar esta creativa iniciativa para esta cidade.

“Pensei que me ía preguntar polo PXOM de Vigo –aprobado xustamente este xoves–, porque ía dicirlle que a Xunta tivo moito que ver nesta aprobación”, respondía Rueda. “Do outro acabo de enterarme por vostede e… “. O xornalista cortou a resposta. Mellor deixalo aí non vaia a ser que se cree un novo conflito entre a Xunta e Vigo.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...