InicioVigo e contornaVigoDenunciados dous novos ataques a buses en Vigo cos que se contabilizan...

Denunciados dous novos ataques a buses en Vigo cos que se contabilizan máis de 20 “desde que empezou a folga indefinida”

Vitrasa informou de que, ás 4,55 horas deste xoves, un bus que se incorporaba á liña PSA na Avenida de Castrelos foi golpeado por un obxecto á altura do parque.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, denunciou este xoves outros dous novos ataques a autocares da súa frota, que resultaron con danos materiais, aínda que non se rexistraron feridos e os buses estaban nese momento baleiros de viaxeiros.

Nun comunicado, a empresa informou de que, ás 4,55 horas deste xoves, un bus que se incorporaba á liña PSA na Avenida de Castrelos foi golpeado por un obxecto á altura do parque. “O impacto foi tal que rompeu dúas xanelas, unha de cada lado”, explicou Vitrasa, que engadiu que o vehículo non levaba pasaxeiros a bordo.

Tampouco levaba viaxeiros outro autobús, da liña 11, que sufriu un impacto sobre as 6,40 horas cando tamén se incorporaba ao servizo, ao seu paso pola Estrada de Camposancos, e que tamén acabou con danos nunha das xanelas laterais.

Segundo Vitrasa, cos deste xoves, “son máis de 2 os ataques sufridos” por buses da compañía “desde que dese comezo a folga indefinida”, o pasado 25 de novembro. A empresa volveu a denunciar estes actos vandálicos, “que pon en risco a integridade dos traballadores” da empresa.

Nas últimas horas, nunha rolda de prensa, o comité de empresa volveu a desmarcarse destes ataques, que condenou.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...