InicioSucesosDeteñen un home en Vigo tras empurrar un axente da Policía Local

Deteñen un home en Vigo tras empurrar un axente da Policía Local

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un condutor, A.C., de 35 anos de idade e veciño de Alacante, como presunto autor dun delito de atentado e outro contra a seguridade viaria, por empuxar un policía, desobedecer as súas ordes e negarse a realizar unha proba de alcoholemia.

Os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando unha dotación do 092 observou un turismo circulando de forma errática e en zigzag pola rúa Urzáiz. Os axentes observaron como o condutor facía un xiro prohibido e saltábase un semáforo en vermello, polo que procederon a darlle o alto.

Ao paralo, o condutor non se quixo identificar, alegando que non portaba ningunha documentación, e os axentes observaron que presentaba signos de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas.

Con todo, lonxe de colaborar, este home interrompeu varias veces a proba e, ao ser advertido polos axentes de que estaba a realizar mal o test, este reaccionou de forma violenta, cun empuxón a un dos funcionarios, ao que lle arrebatou da man o tiquet emitido polo alcoholímetro, e tentando abandonar o lugar.

Finalmente tivo que ser reducido e detido, porque non paraba de lanzar lapotes e puñadas cara aos policías e foi denunciado por un delito de desobediencia, resistencia e atentado á autoridade, así como por un delito contra a seguridade viaria

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...