InicioSucesosDeteñen un home por querer estrangular á súa noiva cun cable en...

Deteñen un home por querer estrangular á súa noiva cun cable en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.A.O.S. de 44 anos de idade, foi detido en Vigo despois de agredir e tentar estrangular á súa parella cun cable.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 21.30 horas da noite deste pasado luns e foi a propia muller a que chamou ao 112 Galicia para informar de que tivera un altercado co seu noivo no domicilio que compartían na rúa Tomás Alonso.

Unha vez no lugar, ela explicou aos axentes que a discusión se iniciou debido a que o seu compañeiro sentimental ouriñara na terraza, polo que a muller recriminoulle esta acción.

A partir de aí, o home reaccionou de forma agresiva e violenta cara á súa noiva, chegando a empuxala contra a porta, agarrándoa polo pelo. Nun momento dado, o agora detido colleu un cable dun reprodutor de música e arrodeoulle o pescozo tratando de estrangulala.

Con todo, a muller propinoulle un golpe co xeonllo e logrou zafarse do seu agresor, aínda que el puido darlle un forte golpe na cabeza, provocándolle unha caída, na cal lesionou un xeonllo.

Polos feitos descritos, procedeuse á detención do home como suposto autor dun delito de violencia de xénero. A muller foi trasladada ao punto de atención continuada (PAC) de Pizarro para ser valorada polos profesionais sanitarios.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...