InicioPolíticaA ministra Pilar Alegría non puido celebrar un acto en Vigo pola...

A ministra Pilar Alegría non puido celebrar un acto en Vigo pola imposibilidade de entrar na cidade por colapso de tráfico

A ministra quedou atrapada nun atasco á entrada de Vigo e deu volta para dirixirse a Pontevedra, onde acudirá ao partido da selección feminina de fútbol contra Italia, no estadio de Pasarón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O colapso de tráfico nos accesos viarios a Vigo obrigou a suspender un acto da ministra Pilar Alegría con cargos e militantes do PSdeG, e cuxa celebración estaba prevista para as 17,45 horas deste venres, nun local de hostalaría da Porta do Sol, en pleno centro da urbe olívica.

Este encontro coa ministra de Educación, FP e Deportes e portavoz do Goberno foi convocado polo partido pasadas as 14,00 horas e, xa desde primeira hora da tarde, notáronse as complicacións para circular polo centro urbano de Vigo, especialmente polo centro, debido en gran medida á gran afluencia de visitantes portugueses (este venres é festivo no país luso).

Cando xa algúns cargos do partido, como Carmela Silva ou David Regades, estaban a esperar á ministra no lugar onde se ía celebrar o encontro, confirmouse finalmente que Pilar Alegría quedou atrapada nun atasco á entrada de Vigo e que optara por dar a volta e dirixirse a Pontevedra, onde acudirá ao partido da selección feminina de fútbol contra Italia, no estadio de Pasarón.

As dificultades para circular por Vigo han ido aumentando conforme avanza a tarde, ao encherse os aparcadoiros do centro, aumentar o número de visitantes coincidindo co aceso da iluminación e tamén polos cortes que se fan nas rúas máis céntricas. A iso sumaranse as complicacións derivadas dunha manifestación de traballadores de Vitrasa, que sairá ás 19,00 horas da Praza de España en dirección ao cruzamento de Colón e Policarpo Sanz, en plena ‘zona cero’ da iluminación.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...