InicioVigo e contornaVigoDispositivo especial de Tráfico para o Nadal de Vigo con máis controis...

Dispositivo especial de Tráfico para o Nadal de Vigo con máis controis en toda a provincia de Pontevedra

Tráfico fixo unha serie de recomendacións, como o uso do transporte colectivo ou o uso dos estacionamentos habilitados en Samil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra puxo en marcha este venres un dispositivo especial de vixilancia, regulación e control de tráfico en vías interurbanas para paliar as posibles complicacións circulatorias que se poidan xeran nas estradas de acceso a Vigo debido ao aceso das luces de Nadal.

Este dispositivo, que incluirá máis controis e xestión de tráfico, estará activo ata mediados do mes de xaneiro, cando se apaguen os adornos do Nadal. Todo iso debido á previsión dun incremento dos desprazamentos na zona, especialmente nos viarios de conexión coa urbe, sobre todo durante o fin de semana e festivos.

Segundo datos de medición do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste-Cantábrico, durante decembro de 2022 incrementouse o tráfico un 2% nos principais accesos á cidade de Vigo, en comparación co ano anterior, rexistrándose un aumento maior, ata o 8%, algúns domingos.

Co obxectivo de dar cobertura ao incremento de desprazamentos previstos, en aras a unha mellora da seguridade viaria, deseñouse un operativo que terá en conta as especiais características dos desprazamentos efectuados e realizará unha vixilancia específica respecto ao cumprimento das normas e á vixilancia dos principais factores de risco que afectan á condución“, engadiu Tráfico, referíndose ao control de alcol e drogas, de velocidade, do uso de cinto ou do móbil, entre outros.

Precisamente este venres, día 1 de decembro, os principais viarios de entrada á cidade están a rexistrar longas retencións, debido, en parte, a que é festivo en Portugal, o que provocou que multitude de visitantes do país veciño elixisen a cidade este fin de semana.

Por todos estes inconvenientes, Tráfico fixo unha serie de recomendacións, como o uso do transporte colectivo ou o uso dos estacionamentos habilitados en Samil. Tamén indicou a importancia de programar os desprazamentos con antelación ou informarse da situación do tráfico en tempo real na páxina da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

ÚLTIMAS

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...