InicioSucesosDeteñen un septuaxenario despois de agredir á súa muller cunha vasoira mentres...

Deteñen un septuaxenario despois de agredir á súa muller cunha vasoira mentres berraba “que a ía matar”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.F.V. de 72 anos de idade, foi detido o pasado domingo en Vigo tras agredir á súa muller cunha vasoira mentres lle berraba “que a ía matar”.

Segundo explica a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 14.10 horas, cando unha muller de avanzada idade alertou dun posible caso de violencia de xénero. Unha vez no punto, os axentes entrevistáronse coa suposta vítima, que indicou que momentos antes discutira coa súa parella, o cal xa non estaba na vivenda.

Nun momento dado, ela collería unha vasoira por se tiña que defenderse. Utensilio que foi arrebatada das súas mans polo home, para logo pegarlle con el en repetidas ocasións, tanto nas pernas como nos brazos, tal como denunciou a anciá.

Ademais, o home gritoulle: “Tranquila que te vou matar. Isto non queda así”. A pesar de todo, logrou fuxir e refuxiarse para chamar á Policía.

Durante a entrevista, o marido se personouse no domicilio, polo que os funcionarios tamén falaron con el. O home indicou que pegou á súa esposa coa vasoira en defensa propia. Por iso, foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...