InicioVigo e contornaVigoO proxecto para construír o Centro de Asociacionismo de Vigo xa ten...

O proxecto para construír o Centro de Asociacionismo de Vigo xa ten asinado o contrato do proxecto

Este novo espazo estará ubicado no antigo edificio dos xulgados da rúa Lalín.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, anunciou a firma do contrato do proxecto para construír o novo Centro de Asociacionismo de Vigo no antigo edificio dos xulgados da rúa Lalín.

Será o arquitecto vigués Alfonso Penela o encargado da reforma do inmoble, que se converterá na casa de diferentes asociacións olívicas. Unicado no barrio das Travesas, o edificio será rehabilitado cun investimento autonómico duns 12,1 millóns de euros.

O proxecto reutilizará o 95% da estrutura xa existente e dotará ao edificio de 134 dependencias e dun auditorio con aforamento para 400 persoas. Tamén levará a cabo a apertura de ágoras centrais cada dúas plantas cun hall para actos.

“Estamos ante un exemplo de actuacións que verdadeiramente fan cidade e recuperan o noso patrimonio, sempre establecemento liñas de colaboración cos actores sociais e outras administracións e entidades públicas coa finalidade de repercutir o seu uso para a cidadanía”, indicou Ortiz.

Ela explicou que se habilitarán locais na planta baixa e na primeira e quinta e que os traballos poderían estenderse a outro tres plantas (dous sotos e o semisoto) que na actualidade destínanse a aparcadoiro e zona de arquivos.

O cronograma da rehabilitación marca decembro como data límite para recibir o anteproxecto e xaneiro de 2024 é o prazo de entrega do proxecto básico. A licitación da obra realizarase na próxima primavera.

ÚLTIMAS

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...

O Porriño convidará ao Papa León XIV a visitar a localidade e valora nomealo fillo ilustre

O Concello do Porriño iniciou os trámites institucionais para convidar ao Papa León XIV...