InicioVigo e contornaRedondelaAlumnado de Redondela representará a España nunhas olimpíadas de divulgación científica

Alumnado de Redondela representará a España nunhas olimpíadas de divulgación científica

O IES Illa de San Simón participa en diferentes olimpíadas ao longo do ano, co apoio da Administración autonómica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alumnos do IES Illa de San Simón de Redondela representarán a España na competición International Junior Science Olympiad, tras resultar premiados co galardón QuinteSciencie, da Olimpíada Científica Xuvenil Española.

Os alumnos foron recibidos este martes polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, que asegurou que é “un orgullo” que estes mozos galegos representen ao conxunto do país nun certame internacional de divulgación científica.

Diso informou a Xunta nun comunicado, no que lembra que a International Junior Science Olympiad terá lugar entre o 1 e o 10 de decembro en Tailandia.

O instituto de Redondela participa en diferentes olimpíadas ao longo do ano, co apoio da Administración autonómica.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...