InicioSociedadeDesestiman o recurso da Comunidade de Montes de Cabral sobre os terreos...

Desestiman o recurso da Comunidade de Montes de Cabral sobre os terreos cerca do IFEVI

A resolución lembra que a Comunidade de Montes tampouco xustificou as obras cun suposto carácter temporal en función do seu uso e tamén matiza que esa temporalidade era "incompatible" coa execución dunha obra de explanación da envergadura que se fixo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo desestimou o recurso interposto pola Comunidade de Montes en Man Común de Santa Mariña de Cabral contra unha resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en 2022, que obrigou a devolver ao seu estado orixinal un terreo de 5.400 metros cadrados no que se realizaron obras de acondicionamento para alugalo como aparcadoiro nas inmediacións do aeroporto de Peinador.

En concreto, a parcela está situada á beira das instalacións da Inspección Técnica de Vehículos e do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) e nela realizáronse traballos para achandala e crear unha zona de parking ao aire libre.

A sentenza entende que estes movementos de terra alteraron a rasante do terreo, unha “acción prohibida”, e incide tamén en que o aparcadoiro para automóbiles non era unha actividade mercantil que gardase relación directa coa explotación racional dos recursos naturais, como esixe a lexislación.

A resolución lembra que a Comunidade de Montes tampouco xustificou as obras cun suposto carácter temporal en función do seu uso e tamén matiza que esa temporalidade era “incompatible” coa execución dunha obra de explanación da envergadura que se fixo, nin coa subscrición dun contrato de arrendamento para explotar o parking.

“O uso proxectado estaba prohibido”, conclúe a sentenza, sobre a que cabe interpor recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Na resolución, que nace dunha denuncia interposta pola Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca), o xulgado tamén considera que os grandes movementos de terra foron realizados nos anos 2019 e 2020 e non en 2004 como alegaban os comuneiros. Todo iso púidose comprobar grazas a fotografías aéreas entregadas por Aveeca, segundo reivindica esta asociación nun comunicado.

ÚLTIMAS

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...

O Porriño convidará ao Papa León XIV a visitar a localidade e valora nomealo fillo ilustre

O Concello do Porriño iniciou os trámites institucionais para convidar ao Papa León XIV...