InicioSucesosConfirman a sentenza contra os procesados por transportar máis de 1.700 Kg...

Confirman a sentenza contra os procesados por transportar máis de 1.700 Kg de cocaína en dous barcos

O TSXG desestimou o recurso presentado polos acusados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que condenaba a penas de entre 3 e 12 anos e medio de cárcere aos 14 procesados polo transporte de máis de 1.700 quilos de cocaína a bordo do remolcador ‘Titán III’ e do pesqueiro ‘Sempre Cacharelos’.

Así, o alto tribunal galego desestimou o recurso presentado polos acusados e ratifica o fallo do tribunal provincial, que “constrúe o xuízo de autoría ou complicidade dos procesados no delito agravado de tráfico de drogas con arranxo a un discurso argumental lóxico, coherente e expresivo do grao de seguridade esixido para fundamentar as súas condenas no ámbito da xurisdición criminal“.

Ademais, a Sala do TSXG subliña na súa sentenza que a resolución de primeira instancia “debuxa un modus operandi nutrido da conxunción dos elementos axustados que definen as condutas típicas de promoción, favorecimiento ou facilitación a terceiros do consumo ilegal de cocaína“.

En canto á falta de competencia da Audiencia esgrimida por varios recorrentes, sinala que o único órgano que podía estimar a falta de xurisdición dos tribunais españois para coñecer dos feitos é a Audiencia Nacional.

No fallo, os xuíces tamén destacan que non é discutible que lles compete “a persecución e castigo das persoas que idearon, fraguaron ou integraron a infraestrutura deseñada e executada para a adquisición de droga nun país estranxeiro, o seu traslado por mar a España e a súa venda ulterior, ou sexa, un fai de actividades que consumaron o delito en España e que nada, absolutamente nada teñen que ver con Panamá”.

Ademais, lembran que “non se coñece ningunha solicitude ou reclamación formulada aos tribunais españois por parte de Panamá con fins de cesión de xurisdición”.

ESCOITAS TELEFÓNICAS

Por outra banda, con respecto a outro dos argumentos dos recursos, a suposta vulneración de dereitos fundamentais na intervención das chamadas telefónicas, o TSXG apunta na súa resolución: “Ao longo do extenso fundamento segundo da sentenza apelada identificamos a correcta interpretación do porqué xurídico da licitud, regularidade e validez de todo a engrenaxe de intervencións telefónicas”.

Na mesma liña, descarta a ruptura da cadea de custodia alegada, pois afirma que “hai perfecta e total concordancia entre a cocaína intervida no remolcador e a especificada na dilixencia de Sanidade Exterior, pois é a mesma no seu peso e na riqueza media”. A sentenza do TSXG non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.

CONDENAS E FEITOS

A Audiencia de Pontevedra condenou a 14 persoas, 11 como autores e tres cómplices, por un delito contra a saúde pública, a penas de entre 3 e 12,5 anos de cárcere, mentres que absolveu a outro cinco sospeitosos. O tribunal provincial tamén impuxo multas de entre 60 e 354 millóns de euros.

Os feitos ocorreron na madrugada do 7 de agosto de 2018, cando Vixilancia Aduaneira levou a cabo a abordaxe do ‘Titán III’, entre as illas Azores e Madeira, con máis de 80 fardos de cocaína a bordo. Horas despois foi interceptado o ‘Sempre Cacharelos’, a 110 millas do punto de encontro concertado pola rede criminal para alijar a droga. En total, interviñéronse máis de 1.700 quilos de cocaína, que alcanzaría un valor de máis de 59 millóns de euros no mercado ilícito.

ÚLTIMAS

O temporal provoca o atraque en Vigo dun gran portacontedores que sufriu un corremento de carga

O Porto de Vigo recibiu nas últimas horas ao buque portacontedores 'María Francisca', un...

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...