InicioSucesosAuxiliada unha octoxenaria de Vigo que caeu no baño despois do aviso...

Auxiliada unha octoxenaria de Vigo que caeu no baño despois do aviso dunha veciña que levaba tres días sen vela

A octoxenaria estaba consciente e con síntomas de hipotermia, polo que foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro para a súa valoración.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos da Policía Local e dos Bombeiros de Vigo auxiliaron este mércores a unha octoxenaria que caeu no seu baño grazas ao aviso dunha veciña que se preocupou tras tres días sen vela.

Tal como informaron os axentes nun comunicado, os feitos ocorreron sobre as 20,25 horas nun edificio da rúa Travesía de Vigo. Alí, unha veciña alertou aos funcionarios de que levaba tres días sen ver á muller, que tampouco contestaba as chamadas, a pesar de que sempre estaban xuntas. Ademais, aseguraba que se vía luz na casa.

Por iso, os actuantes en primeiro lugar verificaron que a octoxenaria non se atopaba ingresada en ningún centro hospitalario e deron aviso aos bombeiros, que procederon a entrar á vivenda por unha xanela do balcón.

Unha vez dentro do domicilio verificouse que a anciá estaba prostrada no chan do ano, sen poder moverse e co corpo non era posible abrir a porta. Por iso, procedeuse a serrar a porta para acceder á estancia e asistir á muller.

A octoxenaria estaba consciente e con síntomas de hipotermia, polo que foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro para a súa valoración.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...