InicioSociedadeUn só facultativo en Cangas e dous en Moaña na véspera de...

Un só facultativo en Cangas e dous en Moaña na véspera de festivo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia de Atención Primaria de Vigo deixa o Servizo de Urxencias e os Centros de Saúde de Moaña e Cangas cunha asistencia médica baixo mínimos en véspera de festivo. En horario de tarde están a pasar consulta 2 médicos en Moaña e 1 só médico en Cangas.

Ante a falta de instrucións por parte da dirección médica, a maiores das cancelacións nas consultas ordinarias, o PAC de Cangas deberá asumir na tarde deste martes ademais das emerxencias que atende habitualmente, toda asistencia urxente dos pacientes de Moaña ou Cangas teñan o seu cupo médico de maña ou de tarde.

Por iso, a Unión Local da CIG no Morrazo denuncia que esta “temeraria” sobrecarga de traballo na asistencia do persoal do PAC dase en véspera de festivo, coincidindo coa actividade de ocio nocturno propio do Samaín e, unha vez máis, cunha médica menos no servizo de urxencias.

Para o sindicato nacionalista está máis que demostrado que o Sergas minte cando di que a falta de persoal médico debese a “causas puntuais, por situacións sobrevenidas froito da época estival”. Por iso, pedirá explicacións sobre a situación sanitaria de Cangas-Moaña na vindeira reunión coa Xerencia e dará información polo miúdo as alcaldesas de ambos concellos, para pedirlles que incorporen ás súas reivindicacións a necesidade dunha cobertura estable do persoal de urxencias que atende dende o PAC de Cangas á poboación de ambos municipios.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...