InicioSociedadeO Concello volve atrasar a reapertura do túnel de Lepanto ata o...

O Concello volve atrasar a reapertura do túnel de Lepanto ata o 17 de novembro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo volveu a atrasar a reapertura do túnel de Lepanto, que dá acceso á autoestrada AP-9 na contorna do complexo Vialia, e fixou como nova data para volver permitir a circulación o próximo 17 de novembro.

O último prazo de apertura anunciado era para o 2 de novembro, pero a páxina web do Concello introduciu unha modificación no aviso publicado en xuño pasado e, onde puña esa data, xa pode lerse que o peche finalizará o 17 de novembro.

Este acceso subterráneo á autoestrada, construído polo Concello, púxose en servizo en decembro do ano pasado. En febreiro tivo que pecharse debido á colocación da gran circunferencia que sobrevoa a AP-9 e que forma parte da estrutura do HALO.

En abril deste ano o túnel reabriuse ao tráfico, pero volveu pecharse a mediados de xuño pasado. Naquel momento, anunciouse que volvería porse en servizo en setembro, pero o peche prolongouse, primeiro ata o 2 de outubro e logo ata o 2 de novembro.

Finalmente, o peche será, se se cumpre o novo prazo, ata o 17 de novembro. Desta maneira, desde a súa inauguración, o túnel de Lepanto estivo máis tempo pechado que operativo.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...