InicioEconomíaStellantis Vigo suspende parte da súa produción na quenda de mañá deste...

Stellantis Vigo suspende parte da súa produción na quenda de mañá deste xoves por falta de pezas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa da compañía automobilística Stellantis volverá suspender parte da súa produción na mañá deste xoves debido á falta de aprovisionamentos de certas pezas necesarias para os seus vehículos.

En concreto, tal como informou a empresa aos seus empregados, o Sistema 2, que ensambla as furgonetas das diferentes marcas do grupo, permanecerá sen actividade durante a quenda de mañá.

“Por causa de forza maior, a consecuencia da falta de aprovisionamentos, suspéndese a actividade do Sistema 2 na quenda de mañá do xoves 19 de outubro”, explica a firma.

Este parón súmase ás reiteradas ocasións nas que Stellantis suspendeu a súa actividade total ou parcialmente ao longo dos últimos meses debido á falta de compoñentes.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...