InicioSociedadeUnha denuncia interposta en Vigo por estafa na compra-venda dun móbil culmina...

Unha denuncia interposta en Vigo por estafa na compra-venda dun móbil culmina con tres detidos en Maspalomas

A Policía puido esclarecer máis de 50 estafas e atribúe aos investigados (que foron detidos en Maspalomas) pertenza a un grupo criminal, estafa continuada e branqueo de capitais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron a tres persoas, supostos membros dunha organización criminal dedicada a cometer estafas por internet, nun operativo iniciado por mor dunha denuncia interposta na comisaría de Vigo. As investigacións iniciáronse a partir desa denuncia, por parte dunha persoa que fora vítima dunha estafa en compra-venda dun teléfono móbil a través dunha páxina de Internet.

A Policía detectou denuncias por feitos similares en diferentes localidades españolas, todas elas relacionadas con diferentes páxinas web, e ascendendo o total do defraudado a máis dun millón de euros, que estaban repartidos en varias contas bancarias.

Coa colaboración de axentes da Comisaría de Maspalomas (Gran Canaria), a Policía puido identificar as persoas que estaban detrás desas estafas e comprobaron que se trataba dunha organización criminal que se dedicaba a ofrecer produtos electrónicos a través de distintas páxinas de Internet, simulando compravendas de produtos que nunca chegaban aos seus destinatarios, pero polos cales cobraban igualmente.

Este grupo actuaba por toda a xeografía española, e deran de alta distintas empresas, ás que asociaban diferentes contas bancarias para as transferencias de compra e venda de produtos. Deste xeito, acreditábase unha relación comercial entre as empresas e os compradores, e utilizaban contas no estranxeiro e sociedades interpostas para non ser descubertos.

A Policía puido esclarecer máis de 50 estafas e atribúe aos investigados (que foron detidos en Maspalomas) pertenza a un grupo criminal, estafa continuada e branqueo de capitais. A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións, xa que ao situarse no estranxeiro moitas das contas bancarias, non se descarta que haxa vítimas fóra de España.

ÚLTIMAS

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...