InicioSucesosA Xunta asume a tutela da nena que sobreviviu ao incendio de...

A Xunta asume a tutela da nena que sobreviviu ao incendio de Vigo por estar “en situación de desamparo”

Alfonso Rueda, quen ratificou a asunción da tutela da nena despois de que os seus tres irmáns e a súa nai falecesen neste suceso e de que o seu pai siga moi grave na UCI do Hospital Povisa, en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta asumiu a tutela da nena de oito anos que sobreviviu ao incendio rexistrado o mércores nun incendio en Vigo, por estar en “unha situación de total desamparo”. A menor segue grave na UCI do Hospital Marterno-Infantil Teresa Herrera da Coruña.

Así o confirmou en declaracións aos medios este venres o presidente autonómico, Alfonso Rueda, quen ratificou a asunción da tutela da nena despois de que os seus tres irmáns e a súa nai falecesen neste suceso e de que o seu pai siga moi grave na UCI do Hospital Povisa, en Vigo.

Rueda tamén defendeu que a Administración galega cumpre coas súas competencias ao facerse cargo da pequena, á vez que, preguntado sobre a atención recibida pola familia, fixo un chamamento a que cada institución asuma as atribucións “que lle corresponden”. Así, lembrou que a atención a persoas en situación de vulnerabilidade social, como era o caso, corresponde aos municipios.

Estas palabras prodúcense despois de que, nun comunicado emitido na tarde do mércores, o Concello de Vigo recoñecese que os seus Servizos Sociais daban atención “permanente” a esta familia “en todo aquilo que é de competencia municipal”.

A continuación, o goberno local apuntaba que o catro menores estaban nun centro de día –en concreto, de Aldeas Infantís– por “decisión autonómica”. Neste contexto, Alfonso Rueda fixo un chamamento a abandonar a “liorta política”. “Empezar a expor isto, nalgúns sitios, nestes termos, creo que non é o que hai que facer e quen queira expolo así se está equivocando”, dixo.

“Quen busque liorta política por non explicar outras cousas que probablemente non lle interese explicar creo que se está equivocando gravemente. A Xunta asume a tutela desta nena e por suposto estará á altura”, agregou o presidente galego.

Rueda insistiu nesa liña e pediu que “primeiro se esclarezan as causas” deste incendio –a Policía Nacional aínda ten todas as hipóteses abertas– para que “non volva pasar”.

“Para converter isto nunha liorta política, desde logo coa Xunta de Galicia e comigo que non conten”, resolveu.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...