InicioSucesosUnha persoa morta tras ser alcanzada por un tren en Crecente

Unha persoa morta tras ser alcanzada por un tren en Crecente

O suceso produciuse pasado o mediodía deste luns á altura de Filgueira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu este luns tras ser alcanzada por un tren ao seu paso polo municipio de Crecente.

Segundo informou o 112, o servizo tivo constancia dos feitos ás 13.20 horas a través do persoal de seguridade de Adif, que explicaba que un tren de mercadorías acababa de atropelar a unha persoa ao seu paso pola parroquia de Filgueira, na vía férrea que une as cidades de Ourense e Vigo.

Ao darse conta do sucedido, o maquinista, que resultou ileso, detivo e abandonou de inmediato o convoi para buscar á persoa accidentada, que foi localizada aínda con vida.

Ao mesmo tempo, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES-SPEIS de Ponteareas e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local de Crecente.

Por outra banda, nada máis recibir o aviso, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban que estaban a mobilizar aos seus profesionais a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que chegou a tomar terra no lugar.

A pesar dos esforzos, o persoal sanitario confirmou finalmente o falecemento da persoa.

Pola súa banda, os servizos de emerxencias continuaron traballando para restablecer as condicións da vía ferroviaria, que quedou aberta de novo minutos despois das 16.30 horas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...