InicioVigo e contornaVigoA programación de VigoCultura deséñase por "dedazo" do concelleiro da área, segundo...

A programación de VigoCultura deséñase por “dedazo” do concelleiro da área, segundo o BNG

O portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, di que a convocatoria fíxose de forma "apurada e case clandestina por falta de publicidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou a “chapuza” na xestión do programa VigoCultura e sinalou que o contido da programación do último trimestre do ano foi elixido mediante “dedazo” polo propio concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, e o xefe de área.

O portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, explicou a través dun comunicado que, ademais de problemas na web para a adquisición das entradas para os eventos, que empezan este fin de semana, seguiuse un procedemento cuestionable para seleccionar as actuacións.

Segundo o BNG, a convocatoria fíxose de forma “apresurada e case clandestina por falta de publicidade” e a decisión final sobre os espectáculos incluídos na programación foi adoptada só por dúas persoas, o propio concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, e o xefe de servizo.

Segundo Pérez Igrexas, “cualificar iso de comisión de valoración é un insulto á intelixencia”. “É o dedo do concelleiro o que decide que compañías actúan e cales non. Supomos que por iso o expediente non incorporable ningún informe xurídico, porque non se pode avalar un procedemento tan discrecional e arbitrario”, aseverou o edil.

Para o portavoz do BNG, que a decisión sobre programación cultural na maior cidade de Galicia adóptea un concelleiro, “sen baremos claros e sen indicadores obxectivos”, é coma se o membro do goberno local estivese “a comprar por catálogo”. Esta “xestión desastrosa” é, para o BNG, a demostración do “profundo desprezo pola cultura” do goberno vigués, e pediu un cambio no deseño da programación.

O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, saíu ao paso das críticas do BNG, acusando a Pérez Igrexas de “falar sen saber”, e subliñando que a convocatoria para seleccionar os espectáculos cumpriu todos os estándares “de transparencia e publicidade”, e foi publicada no perfil do contratante, recibindo “máis de 130 propostas”.

Así mesmo, asegurou que as propostas presentadas foron “seleccionadas por persoal técnico cualificado” e criticou ao portavoz do BNG por “vivir permanentemente enfadado coas cousas de altísima calidade que se fan en Vigo”. “Xa está ben de ataques inxustificados, primeiro tentando parar o Nadal, e agora atacando VigoCultura”, proclamou.

O QUE DI O EXPEDIENTE

O portavoz do BNG acusou ao concelleiro de Cultura de dicir “falsidades” ao asegurar que as ofertas foron valoradas por persoal técnico, e fixo público o expediente de resolución, no que figura que as propostas artísticas serían valoradas por unha comisión formada polo edil e por “persoal técnico da área de Cultura”.

Así mesmo, no devandito expediente reflíctese que “desde o luns 18 ao mércores 20 de setembro” reuniuse a comisión de valoración “composta polo concelleiro-delegado de Cultura e o xefe do servizo de Xestión e Promoción Cultural adscrito á área de Cultura”. “Desta maneira queda verificado cun documento oficial que o concelleiro Gorka Gómez mentiu deliberada e indecentemente”, sentenciou Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...