InicioEconomíaStellantis cancela a súa actividade na noite deste xoves por falta de...

Stellantis cancela a súa actividade na noite deste xoves por falta de aprovisionamentos

Os problemas de subministracións que vive nos últimos meses a planta obrigarán a deter as dúas liñas de ensamblaxe das que dispoñen as instalacións olívicas durante a quenda de noite.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volveu a cancelar toda a súa actividade na noite deste xoves por falta de aprovisionamentos, segundo informou a dirección da compañía aos empregados.

En concreto, os problemas de subministracións que vive nos últimos meses a planta obrigarán a deter as dúas liñas de ensamblaxe das que dispoñen as instalacións olívicas durante a quenda de noite.

A produción na factoría viguesa xa estivo parada en varias quendas antes esta semana, e tamén houbo alteracións despois do regreso do persoal do período vacacional a finais de agosto.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...