InicioSucesosCondenados con penas menores os dous acusados do 'narcosubmarino' de Cangas que...

Condenados con penas menores os dous acusados do ‘narcosubmarino’ de Cangas que foran absoltos polo TSXG

Considera que son autor e cómplice, respectivamente, dun delito tentado de tráfico de drogas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo ditou sentenza tras estimar parcialmente o recurso da Fiscalía contra a resolución do TSXG sobre o ‘narcosubmarino’ apresado fronte ás costas de Aldán, en Cangas (Pontevedra) en 2019, e corrixiu en parte a decisión do alto tribunal galego, condenando aos dous implicados que foran absoltos.

Así, inicialmente a Audiencia Provincial de Pontevedra condenou ao sete acusados por estes feitos a penas de entre 7 e 11 anos de cárcere e multas millonarias polo transporte de máis de tres toneladas de cocaína nun semisumerxible que partiu de Brasil e que foi localizado á entrada da ría de Aldán a finais de novembro de 2019. Nesa causa foron procesados o tres tripulantes do ‘narcosubmarino’ (o vigués Agustín A.M., e os ecuatorianos Luís Tomás B.M. e Pedro Roberto D.M.); así como os seus colaboradores en terra (Enrique Carlos S.X., o seu fillo Iago S.P., Rodrigo H.M., e Iago R.R.).

As defensas presentaron recursos de apelación e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza en novembro de 2022 absolvendo a Carlos Enrique (condenábao a unha pena menor, pero pola droga atopada no rexistro do seu domicilio, non polo alixo do semisumergible) e a Rodrigo, e rebaixando as penas a Iago S.P. (de 9 anos a 26 meses de prisión) e a Iago R.R. (de 7 anos a 18 meses de cárcere).

RECURSO DA FISCALÍA

Ante esta resolución, a Fiscalía interpuxo recurso de casación no Tribunal Supremo, alegando, entre outras cuestións, que o TSXG modificara os feitos probados rebaixando o delito de tráfico de drogas a “tentativa de participación” no caso de dous dos acusados, que se vulnerou o dereito á tutela xudicial efetiva ou que se habían cuestionado arbitrariamente feitos considerados probados pola Audiencia.

En resposta a este recurso, o Tribunal Supremo ditou unha nova sentenza tras estimar parcialmente as pretensións da Fiscalía. Así, na súa resolución do pasado 21 de setembro de 2023, o TS sinala que Iago S.P. e Iago R.R. foron “os máis activos dos colaboradores coñecidos” dos que dispuxo Agustín para introducir a droga en España, e ambos os acusados participaron na operación aínda que non fosen os destinatarios orixinais da cocaína.

Con respecto a Enrique Carlos e Rodrigo, apunta que ambos coñecían “detalles esenciais” do operativo de chegada do artefacto e levaron a cabo unha “colaboración necesaria e efectiva no desenvolvemento do plan criminal”.

Segundo expón o Tribunal Supremo, Rodrigo non só acudiu ao momento de encontro pactado nas costas de Aldán para entregar roupa e comida aos tripulantes, senón que fixo sinais coas luces do coche para axudalos a guiarse; mentres que Enrique Carlos aceptou levar a Rodrigo eses efectos, tal e como lle pediu o seu fillo, “con coñecemento do que facía”.

NOVAS PENAS

Por todo iso, a Supremo condena a Rodrigo H.M. como autor dun delito tentado de tráfico de drogas á pena de 1 ano e medio de cárcere e ao pago de dúas multas de 50 millóns de euros cada unha; e condena a Enrique Carlos S.J., como cómplice do anterior delito, á pena de 9 meses de prisión e dúas multas de 25 millóns de euros.

No caso de Iago R.R. e Iago S.P., ademais das penas fixadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, imponlles a cada un unha nova pena de multa de 50 millóns (despois de que a Fiscalía alegase un erro na sentenza de instancia, onde só figuran unha multa a cada un).

ÚLTIMAS

SPARC pecha o acordo cos seus principais investidores para establecer a planta de chips fotónicos en Valladares

SPARC Foundry asinou este luns o acordo cos seus principais investidores (Indra GRoup, Sociedade Española...

Comité e Stellantis inician a negociación para o pago da prima variable cun novo marco regulador

Os sindicatos e a dirección de Stellantis Vigo iniciaron as negociacións para buscar unha alternativa á...

Condenado a 2 anos de cárcere por agredir e ameazar á súa parella nun piso de Vigo, e a dous familiares que tentaron evitalo

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman dous anos e...

Mikel Izal incorpórase ao cartel do Galicia Fest

A organización do Galicia Fest confirmou este luns a incorporación de Mikel Izal ao cartel do...