InicioMondariz será o lugar onde se celebra a entrada na RAG da...

Mondariz será o lugar onde se celebra a entrada na RAG da filóloga Kathleen March

PUBLICADO O

A catedrática emérita da Universidade de Maine e filóloga Kathleen March ingresará na Real Academia Galega (RAG) como membro de honra o sábado 23 de setembro. Segundo informou a institución, a filóloga, nacida en Rochester en 1949, autora de traducións e estudos “fundamentais para a proxección internacional da cultura galega” e fundadora da Galician Studies Association, lerá un discurso titulado ‘Máis aló do manifesto’ nunha cerimonia que terá lugar no Balneario de Mondariz, en Pontevedra.

A Academia volverá celebrar 103 anos despois da recepción de Ramón Cabanillas, segundo recalca, a entrada dun novo membro na corporación neste espazo convertido en “un auténtico centro de promoción e mecenado da cultura galega”.

O auditorio Infanta Isabel do Balneario de Mondariz acollerá a partir das 17.30 horas a sesión académica, aberta ao público ata completar a capacidade do salón e que temrinará cun concerto de Amancio Prada.

A directora da Sección de Lingua da Real Academia Galega, Rosario Álvarez será a encargada de dar resposta ao discurso da profesora estadounidense. A autora chegou por primeira vez a Galicia no ano 1975 para investigar a poesía de Manuel Antonio, coautor do manifesto ‘Máis aló’ (1922), evocado no título do ensaio co que ingresará na RAG.

ÚLTIMAS

Stellantis anuncia que venderá coches eléctricos chineses desde Vigo

O conselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, anunciou este martes que a 'joint venture'...

A “tensión” entre os socios remata con Atunlo en concurso de acredores

A conserveira galega Atunlo presentou este martes no Xulgado do Mercantil número 3 de...

Dous mozos, detidos a pasada fin de semana por senllos episodios de violencia de xénero

Dous mozos foron detidos esta pasada fin de semana en Vigo tras producirse dous...

Luz verde ao contrato de emerxencia do transporte sanitario urxente da área viguesa, mentres se tramita o concurso

O consello da Xunta deu luz verde este luns á contratación, por procedemento de emerxencia, do servizo...