InicioSucesosIdentifican un home en Vigo por causar un incendio cun cigarro que...

Identifican un home en Vigo por causar un incendio cun cigarro que afectou a unha nave industrial

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste martes na rúa Jacinto Benavente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo identificou a un home de 56 anos de idade, A.A.L., como presunto causante dun incendio que calcinou dous coches, causou danos nun terceiro e na porta dunha nave industrial.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste martes na rúa Jacinto Benavente. O 092 recibiu unha chamada que informaba o incendio dun vehículo na vía pública.

Unha vez na zona os axentes observaron que estaba a arder un coche e deron aviso ao servizo de bombeiros. Cando estiveron sufocadas as chamas, puideron comprobar que o vehículo afectado estaba totalmente calcinado, así como o coche que estaba estacionado á beira do primeiro.

Ademais, o lume causou danos nun terceiro coche, cuxo lateral ardeu, e no portal dunha nave próxima. Dúas testemuñas, propietarios dun negocio da zona, relataron aos funcionarios que minutos antes entrara apresuradamente no establecemento un home pedindo auga e explicando que “lle escapou das mans”.

Ao parecer, o home apagara un cigarro no interior dun coche abandonado e, ao non ter cinceiro, o fixera nun asento. A tapicería comezou a arder de inmediato e, aínda que lle botou auga dunha botella que levaba, non logrou sufocar o lume.

Os axentes entrevistáronse o suposto causante do incendio, que corroborou esa versión dos feitos. Tras tomarlle os datos para cursar dilixencias ante o xulgado, os Policías tamén informaron os propietarios dos coches afectados e ao xerente da nave sobre os pasos que deben seguir para posibles reclamacións.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...