InicioSociedadeDetido en Vigo tras tentar asfixiar á súa parella cando ela lle...

Detido en Vigo tras tentar asfixiar á súa parella cando ela lle dixo que quería romper a relación

A muller presentaba arañazos no pescozo, a man esquerda inflamada e faltáballe unha uña

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 33 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero tras tentar asfixiar á súa parella cando ela lle dixo que quería romper a relación.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado, cando o 092 recibiu unha chamada alertando dun episodio de violencia machista nunha vivenda da rúa Figueiras.

Unha dotación desprazouse ao domicilio e alí entrevistouse cunha muller, que explicou que se atopaba no salón da súa casa conversando coa súa parella e que, cando lle dixo que tiña intención de romper a relación, el reaccionou de forma agresiva e violenta, agarrándoa polo pescozo e tentando asfixiala. A muller presentaba arañazos no pescozo, a man esquerda inflamada e faltáballe unha uña.

Segundo relatou, conseguiu zafarse do ataque e refuxiarse na súa habitación, mentres o home gritáballe que a ía a matar. Estes feitos foron confirmados por outra muller, que vive nese domicilio e foi testemuña do ocorrido. Os policías procederon á detención de H.A.G.M., de 33 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...