InicioEconomíaDúas empresas optan a facerse coa planta de Maderas Iglesias, e o...

Dúas empresas optan a facerse coa planta de Maderas Iglesias, e o comité denuncia que non garanten todos os empregos

Así, unha das ofertantes é un grupo empresarial vigués, que contempla a conservación de 76 dos 165 postos de traballo; mentres que a segunda é unha empresa vasca que, a través dunha filial cántabra, propón manter 70 traballadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A administración concursal de Maderas Iglesias, empresa situada no Porriño, dedicada á fabricación de tarima, confirmou ao comité que, ata o momento, dúas empresas optan a facerse coa unidade produtiva da compañía, en proceso de liquidación. Así, unha das ofertantes é un grupo empresarial vigués, que contempla a conservación de 76 dos 165 postos de traballo; mentres que a segunda é unha empresa vasca que, a través dunha filial cántabra, propón manter 70 traballadores.

Respecto diso, o comité alertou de que ningunha das opcións garante a totalidade dos empregos e volveu a instar á Xunta a que se implique na procura de novos investidores, “que permitan a conservación dun maior número de empregos”. O órgano de representación do persoal expresou a súa esperanza de que, antes de finalice o prazo de presentación de ofertas, o próximo 31 de agosto, cheguen novas propostas de adquisición que permitan manter máis postos de traballo. En todo caso, calquera operación de venda debe ser autorizada polas entidades financeiras propietarias da maior parte da débeda de Maderas Iglesias.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...