InicioSucesosUnha veciña de Vigo trasladada ao hospital con síntomas por inhalación de...

Unha veciña de Vigo trasladada ao hospital con síntomas por inhalación de fume tras un incendio na súa casa

Unha veciña de Vigo foi evacuada este luns ao Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade, con síntomas por inhalación de fume tras declararse un incendio na súa vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha veciña de Vigo foi evacuada este luns ao Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade, con síntomas por inhalación de fume tras declararse un incendio na súa vivenda.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 14,30 horas, cando a propia veciña afectada chamou a emerxencias para solicitar axuda, xa que se declarou un incendio na cociña do seu domicilio, no número 20 da rúa Torrecedeira.

De inmediato deuse aviso aos bombeiros da cidade e á Policía Nacional e Local. Posteriormente, uníronse ao operativo os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron á muller ao centro hospitalario. Na vivenda, ardeu a campá extractora e parte do mobiliario da cociña.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...