InicioCulturaAs entradas para o concerto de David Guetta en Castrelos saen á...

As entradas para o concerto de David Guetta en Castrelos saen á venda o luns

O concerto será o domingo día 20 de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As entradas para o concerto de David Guetta no auditorio de Castrelos de Vigo sairán á venda o vindeiro luns, día 14 de agosto, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero. O concerto terá lugar o domingo día 20.

Como vén sendo habitual, este luns venderanse 2.500 entradas na quenda de mañá (09.30 horas) e outras tantas na quenda de tarde (16.30 horas). Delas, 1.250 ofreceranse de forma presencial en cada quenda no despacho de billetes do auditorio do Concello e a mesma cantidade na web.

Esta actuación estará enmarcada no show ‘Dreambeach’, que terá catro horas de duración e contará con outros artistas como o DJ porriñés Groove Amigos, o chileno Francisco Allendes e o británico Nic Fanciulli, ademais do propio Guetta. Por iso, o espectáculo, que forma parte da programación de Vigo en Festas organizada polo Concello, comezará a partir das 20.30 horas, alongándose ata pasadas as 00.00 horas.

Caballero reivindicou que ‘Dreambech’ será “o máis importante que sucedeu en Castrelos en toda a súa historia”, contando con Guetta como “elemento central”. O rexedor lembrou que o DJ é o cuarto artista máis escoitado en Spotify a nivel mundial, con millóns de copias vendidas dos seus éxitos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...