InicioSociedadeO comité do Nadal de Vigo xa traballa para facer das festas...

O comité do Nadal de Vigo xa traballa para facer das festas “un fenómeno positivo en todos os seus aspectos”

O alcalde, Abel Caballero, avanzou este mércores os temas tratados durante a primeira reunión do comité especial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este mércores os temas tratados durante a primeira reunión do comité especial para o Nadal na cidade, que xa traballa co obxectivo de facer das festas “un fenómeno positivo en todos os seus aspectos” para a urbe.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor indicou que neste primeiro encontro el mesmo estivo presente, a pesar de que o comité estará presidido pola tenente de alcalde, Carmela Silva, e nel estarán os concelleiros responsables das áreas de Seguridade, Mobilidade, Festas, Turismo, Comercio e Medio Ambiente, ademais do segundo tenente de alcalde, Javier Pardo.

Abel Caballero explicou que este grupo tratará de coordinar todas as cuestións relacionadas co Nadal, como o tráfico, os aparcadoiros, a mobilidade, a localización das atraccións ou o propio ruído que xeran as festas na cidade. “O Nadal vai ir máis aló. Xa o sabemos. Temos que estender o Nadal e levalo o máis posible a máis lugares da cidade, para dispersalo no conxunto da cidade para que haxa aproveitamento dos beneficios directos que xera en todas partes e para evitar as grandes concentracións de cidadáns”, reivindicou o alcalde olívico.

Por iso, puxo o foco na procura de máis emprazamentos e en “minimizar os efectos colaterais” do Nadal, a pesar de que recoñeceu que sempre hai “xente antivigo”. Abel Caballero subliñou que a través do diálogo tentarase facer do Nadal un “fenómeno positivo en todos os seus aspectos”, corrixindo cuestións que afectan os cidadáns.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...