InicioSociedadeXa podes bañarte nas praias de Rodeira e de Arealonga

Xa podes bañarte nas praias de Rodeira e de Arealonga

Ambos areaias foran pechados pola alta presenza da bacteria Escherichia Coli.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A praia de Rodeira, situada no concello pontevedrés de Cangas, e a praia de Arealonga, situada na parroquia redondelana de Chapela, foron abertas ao baño despois de manterse pechadas durante días tras detectarse a presenza de bacterias na auga.

Foi un informe da Consellería de Sanidade, encargada de realizar as análises, o que detectou unha presenza maior da recomendada da bacteria Escherichia Coli na auga de Rodeira, despois de coller unha mostra o pasado día 2 de agosto. Por iso, prohibiuse o baño no devandito areal dende a fin de semana ata que este pasado martes, sobre as 14:00 horas, foi reaberta a praia, segundo informan fontes do Concello a Europa Press.

Mesma situación deuse no areal de Arealonga, en Redondela (Pontevedra), onde a mesma bacteria provocou que se pechase ao baño a praia. Con todo, segundo fontes da Consellería de Sanidade consultadas por Europa Press, xa está aberta ao público.

ÚLTIMAS

O BNG esixe explicacións urxentes pola suspensión do contrato do bus de Vigo e alerta de “inseguridade xurídica”

O grupo municipal do BNG anunciou este martes que solicitará a convocatoria dunha Xunta...

O TSXG tumba a suspensión da licenza do Centro de Asociacionismo de Vigo e a Xunta estuda reclamar os custos ao Concello

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado pola Xunta...

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...