InicioSucesosRexistrado un sismo de magnitude 1,9 en Bueu

Rexistrado un sismo de magnitude 1,9 en Bueu

A provincia de Pontevedra rexistrou varios movementos sísmicos este venres, en concreto un cuxo epicentro foi no Atlántico, fronte ás Rías Baixas da costa galega, e outro tremor na localidade de Bueu.

PUBLICADO O

- Advertisement -

provincia de Pontevedra rexistrou varios movementos sísmicos este venres, en concreto un cuxo epicentro foi no Atlántico, fronte ás Rías Baixas da costa galega, e outro tremor na localidade de Bueu.

Segundo a información do Instituto Gegráfico Nacional, ás 08.29 horas, tivo lugar un sismo na localidade pontevedresa de Bueu que alcanzou unha magnitude de 1,9 na escala de Richter, a un quilómetro de profundidade. Minutos despois, ás 08.47, produciuse un terremoto de magnitude 2,2 na zona do Atlántico-Galicia, fronte á costa de Pontevedra, cunha profundidade de 19 quilómetros.

O 112 Galicia non rexistrou, segundo confirmou a Europa Press, chamadas para informar, pedir información ou “solicitar axuda de ningún tipo” respecto destes movementos sísmicos matinais.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...