InicioMedio Ambiente e PatrimonioQueres coñecer a flora e a fauna do fondo mariño das Illas...

Queres coñecer a flora e a fauna do fondo mariño das Illas Cíes sen ter que mollarte?

O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece visitas virtuais gratuítas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou este mércores nas Illas Cíes a exposición ‘O mar en 360º’, unha experiencia interactiva a través da que o Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece visitas virtuais para coñecer a flora e a fauna dos fondos mariños deste espazo protexido.

Tras destacar que durante os primeiros sete meses de 2023 visitaron o parque natural máis de 272.000 persoas (un 5 % máis que en 2022), das que preto de 190.000 elixiron as Illas Cíes (un 4,5 % máis que o ano anterior), a vicepresidenta segunda dixo que a exposición, que recibiu unha axuda da Xunta de 15.000 euros, ten como obxectivo “mergullar aos visitantes” nunha “experiencia única que lles permita coñecer a parte máis descoñecida” deste espazo natural.

Esta iniciativa, que é totalmente gratuíta pero que require inscrición previa o mesmo día da visita, ofrece sesións diúrnas e pases nocturnos, que terán lugar nas Cíes do 3 ao 6 de agosto; en Ons, do 17 ao 20 deste mes, e en Cortegada, do 26 ao 27. Na illa de Sálvora xa tiveron lugar durante o mes de xullo.

As actividades diúrnas están pensadas para grupos de catro persoas, ás que se lles facilitarán lentes de realidade virtual ou tablets para, segundo dixo Ángeles Vázquez, “poder gozar dunha experiencia de inmersión sen necesidade de meterse na auga“. Ese paseo virtual irá acompañado dos comentarios dunha especialista.

No caso dos pases nocturnos, a dinámica será diferente, xa que as imaxes submarinas, en directo ou diferido, en función das condicións meteorolóxicas, proxectaranse nunha pantalla.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...