InicioSucesosCatro feridos en Vigo ao chocar unha moto contra unha terraza

Catro feridos en Vigo ao chocar unha moto contra unha terraza

Sufriron lesións de diversa consideración.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas resultaron feridas nun accidente dunha moto que chocou contra unha terraza en Vigo na tarde deste luns.

Segundo informa o 112 Galicia, as dúas persoas que ían na moto máis dous peóns sufriron lesións de diversa consideración, polo que foron evacuadas en diferentes ambulancias.

O sinistro produciuse preto das 19.00 horas na rúa Gregorio Espiño, tal e como explicaron varias persoas que chamaron ao número de atención ás emerxencias.

Así, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron varios dotación ao momento. Ademais, foron alertados os axentes da Policía Local, que continúan cos trámites necesarios para coñecer todos os detalles deste accidente.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...