InicioSucesosInterceptado un home en Vigo mentres conducía un patinete eléctrico quintuplicando a...

Interceptado un home en Vigo mentres conducía un patinete eléctrico quintuplicando a taxa de alcol permitida

Ao realizarlle as probas, deu un resultado positivo de 1,34 e 1,24 miligramos por litro en aire expirado, polo que se procedeu a cursar a pertinente denuncia administrativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo interceptou este pasado xoves a un home, G.G.V. de 37 anos de idade, circulando cun patinete eléctrico quintuplicando a taxa de alcol permitida.

Os feitos ocorreron sobre as 12,00 horas, cando os axentes observaron ao home circulando co caso colocado de forma incorrecta e sen usar ningún tipo de peza reflectora. Por iso, déronlle o alto, momento no cal comprobaron que presentaba síntomas evidentes de estar influenciado por bebidas alcohólicas.

Ao realizarlle as probas, deu un resultado positivo de 1,34 e 1,24 miligramos por litro en aire expirado, polo que se procedeu a cursar a pertinente denuncia administrativa.

Tamén este xoves a Policía Local interceptou a un menor, de 14 anos de idade, que se fuxiu dun centro educativo. O mozo estaba a pedir tabaco aos transeúntes da rúa Teixugueiras. Foi devolto ao instituto tras ser identificado.

ÚLTIMAS

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...

Vigo desbloquea a tramitación urbanística para a nova Praza de España

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará definitivamente o vindeiro martes os...

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...