InicioSociedadeA Garda Civil pide colaboración para localizar a dous mozos en relación...

A Garda Civil pide colaboración para localizar a dous mozos en relación coa violación a unha moza no Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Garda Civil de Pontevedra pediu colaboración cidadá para localizar a dous mozos duns 20 anos en relación coa suposta violación a unha nova ocorrida durante as festas de San Campio, na parroquia de Pontellas, municipio do Porriño.

Nun comunicado, a Garda Civil sinala que estes dous homes atopábanse, durante a actuación da Orquesta Panorama, na escalinata do campo da festa entre as 3,00 e as 4,00 da madrugada do 18 de xullo.

A descrición que fai a Garda Civil destes mozos é de “dous homes novos ao redor de 20 anos de idade, con acento galego, ambos de pelo moreno, vestindo camisetas de manga curta e pantalón curto”.

Así, pídese que os asistentes ao evento achegar vídeos ou fotos realizadas nas escalinatas ou en calquera outro lugar do recinto da festa se se considera de interese para a investigación. Para iso, pódese contactar coa Garda Civil a través do número 600461444 mediante Whatsapp ou co correo electrónico po-cmd-pontevedra-uopj-emume@guardiacivil.org

Tamén se poderá achegar información de forma presencial, en calquera posto da Garda Civil, garantíndose en todo caso a confidencialidade do comunicante.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...