InicioSucesosDúas persoas resultan feridas logo de chocar un camión e dous turismos...

Dúas persoas resultan feridas logo de chocar un camión e dous turismos en Gondomar

Os dous feridos foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro a bordo dunha ambulancia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas ao chocar un camión e dous turismos en Vincios, no municipio pontevedrés de Gondomar. Os dous feridos foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro a bordo dunha ambulancia.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi o condutor do camión, que transportaba produtos alimentarios, o que informou sobre as 14,30 horas do accidente e explicou que acababa de chocar contra dous turismos no quilómetro 13 da PO-331. A consecuencia do choque, o carril de circulación quedou cortado.

No operativo participaron, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada, que se encargaron da limpeza da vía para restablecer as condicións seguras de circulación.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...