InicioVigo e contornaVigoO BNG acusa a Caballero de facer unha "política urbanística kamikaze" por...

O BNG acusa a Caballero de facer unha “política urbanística kamikaze” por ter a PXOM “en punto morto”

O portavoz do grupo municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, advertiu de que "nunca na historia de Vigo houbo un contexto de tanta inseguridade xurídica no urbanismo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que cese na súa “política urbanística kamikaze” e criticou que teña o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) “en punto morto”, aproveitando os atrasos “interesados” nos informes da Xunta.

O portavoz do grupo municipal, Xabier Pérez Igrexas, criticou unha “nova prórroga irregular” do Instrumento de Ordenación Provisional e pediu ao goberno local “que deixe de utilizar os atrasos interesados e incomprensibles da Xunta na emisión de informes, como escusa para ter nun punto morto o urbanismo da cidade”.

O edil nacionalista advertiu de que “nunca na historia de Vigo houbo un contexto de tanta inseguridade xurídica no urbanismo pola decisión caprichosa e a nefasta xestión do goberno de Caballero”.

Pérez Igrexas, que apuntou que a PXOM “non se vai a poder aprobar en 2023 e moi probablemente tampouco en 2024”, criticou a “insistencia” da concelleira de Urbanismo, María José Caride, de “repetir a mesma xogada irregular” prorrogando a ordenación provisional, cunha primeira suspensión dos prazos de vixencia (unha decisión que foi recorrida ante o TSXG pola Federación Veciñal) que venceu este mércores.

Finalmente, o concelleiro do BNG advertiu de que “non se avanzou na tramitación dos miles de alegacións veciñais recibidas” e que “aínda non se iniciou o proceso de avaliación ambiental, imprescindible para avanzar cara á aprobación provisional da PXOM”.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...